A partir do próximo 1 de decembro de 2015 será cando todos os médicos dos Servizos Públicos de Saúde terán que rexerse por un novo sistema de altas e baixas.
Unha das principais novidades deste novo sistema é que os médicos que dean a baixa a un traballador deberán detallar no mesmo parte de baixa a duración estimada do proceso.
As baixas clasificaranse en función da súa duración. Esta poderá ser «moi curta», si é inferior a cinco días naturais; «curta» de 5 a 30 días naturais; «media», si é de 31 a 61 días e «larga» si espérase que estea de baixa máis de 61 días.
Os facultativos poderán usar como referencia as táboas de duración óptima da baixa de distintas patologías que se han ir elaborando coas estatísticas e os estudos dos últimos anos. Aínda que, «a previsión inicial da baixa poderá ser actualizada en calquera momento en función de como evolucione a saúde do traballador»,
No caso das baixas de duración «moi curta» xa non será necesario que o traballador siga indo polo alta. Así, outra das novidades do novo modelo é que nas baixas de menos de cinco días naturais, o facultativo poderá emitir a baixa e a alta do traballador nun mesmo acto médico, co que este xa non terá que ir a por o parte que lle autoriza a volver ao traballo.
No resto dos casos de baixas cuxa duración supere os cinco días, no parte de baixa sempre deberá figurar a data da seguinte revisión. Neste caso tamén haberá unha novidade porque a primeira visita ao médico deberá ser ao sétimo día da emisión da baixa para os casos de duracións «curtas» e «medias»; e ao día 14 para as baixas «longas».
Por outra banda, cando a duración da enfermidade vaia máis aló dos 365 días, o control xa non o levarán a cabo os servizos rexionais de saúde, senón o Instituto Nacional de Seguridade Social (INSS).
O traballador deberá presentar á súa empresa a copia dos partes de baixa e os sucesivos partes de confirmación nos tres días seguintes á súa expedición. E deberá comunicar a alta ao seu centro de traballo nas seguintes 24 horas de recibila.
Cando a empresa recibe un parte de baixa dun traballador, deberá comunicar ao INSS os datos de cotización do traballador para determinar a base reguladora da prestación económica que lle corresponda ademais da clave do código nacional de ocupación, da provincia do centro de saúde que emitiu o parte e os datos identificativos do proceso médico e da empresa a través do sistema electrónico da Seguridade Social.
Para rematar, as mutuas só poderán seguir dando altas si a baixa está provocada por un accidente de traballo ou enfermidade profesional. Pero si poderán seguir «solicitando» a alta dun traballador que está de baixa por enfermidade común á Inspección Médica do Servizo Público de Saúde.
Si a Inspección non contesta á solicitude de alta da mutua nun prazo de cinco días, ou si o Servizo Público de Saúde da comunidade autónoma deniega a alta, a mutua poderá solicitar dita alta ao INSS directamente. Os facultativos deste organismo estatal deberán contestar nun prazo de catro días.